INFORMACIÓN SOBRE A AXUDA HUMANITARIA AO POBO UCRAÍNO
No día de hoxe, o Concello de Montederramo colaborou co Concello de Maceda na súa iniciativa de axuda ao pobo ucraíno, aportando productos de primeira necesidade. A Farmacia de Montederramo tamén colaborou donando material sanitario.
O Concello informouse das posibilidades que existen na actualidade para enviar axuda humanitaria a Ucraína. A resposta por parte da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), da Xunta de Galicia e da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional é a seguinte:
- Debido á imposiblidade de asegurar unha correcta distribución do material humanitario que se está a recoller nas entidades Locais, aconséllase reservalo para ser distribuído entre a poboación ucraína que se acolla na nosa Comunidade, en tanto non se reciban outras indicacións. Polo tanto, polo de agora non se recollerá axuda material.
- As persoas que queiran colaborar poden facelo a través de achegas económicas.
- Nos informan das seguintes vías de canalización de aportacións económicas a ONG e organismos internacionais despregados no terreo:
- Comunicado da Coordinadora española de ONGD: https://coordinadoraongd.org/
2022/03/como-apoyar-a-las- ongd-espanolas-en-ucrania/ - Chamamento da Federación Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella e do Comité Internacional da Cruz Vermella: https://www.icrc.org/es/
donate/crisis-en-ucrania - ACNUR (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados): https://eacnur.org/es/crisis-
ucrania?UTM_source=abtasty& utm_medium=bubble
- Comunicado da Coordinadora española de ONGD: https://coordinadoraongd.org/
Agradecemos todas as mostras de colaboración por parte das veciñas e veciños e manifestamos a nosa total repulsa a esta invasión, desexando o antes posible o restablecemento da paz.