MOSTEIRO DE SANTA MARIA
O mosteiro cisterciense de Santa María de Montederramo é un dos monumentos renacentistas mais importantes de Galicia.
A grandeza da súa igrexa, a harmonía dos seus claustros, o gusto barroco da sillería coral e o impresionante retábulo que preside o altar maior convírtenno nunha visita obrigada dentro da ruta dos mosteiros da Ribeira Sacra.
Para máis información pode descargar o tríptico.
Para horarios e máis información pode visitar o apartado de turismo municipal.