Montederramo é un dos concellos onde a despoboación se notou con máis intensidade. Agás momentos moi concretos, perdeu continuamente poboación desde 1920, ano en que acadou o seu máximo demográfico. Pero non só viviu un retroceso demográfico continuado no tempo, senón tamén que este foi extraordinariamente intenso, de tal xeito que actualmente a súa poboación non representa nin sequera un terzo da que poseía en 1.900. Entre 1.900 e 1.920 viviu un crecemento paseniño, cifrado no 0,10 % de incremento interanual. Entre 1.920 e 1.930 viviu uns anos de notable descenso demográfico que chegou ata mediados de século para, a partir de aquí, decrecer con moita forza.A dia de hoxe apenas supera os 700 habitantes.
Igual que no interior de Galicia, en especial na montaña oriental ourensá, a forte emigración, na que colaboran as desfavorables condicións ambientais, deixou unha intensísima pegada, continuada actualmente por unha estrutura por idades que elevan a mortalidade moi por riba das pobres taxas de natalidade rexistradas no concello. O envellecemento é alarmante, xa que os menores de 15 anos só representan o 4,43 % mentres que os de máis de 65 anos de idade representan o 43,41 %, e con tendencia a incrementarse.
A taxa bruta de natalidade con 0,0 %o e inferior a media provincial (6,1 %o), Polo que respecta a mortalidade, a súa taxa cifrada nun 22,9 %o e superior a da provincia (14 %o) como consecuencia da estructura tan envellecida da poboación. O resultado é un crecemento vexetativo moi negativo, ao redor dun – 22 %o que non permite albiscar unha realidade demográfica positiva. Esta situación demográfica natural non se ve compensada cun aumento externo de poboación.