Situado dentro da Ribeira Sacra e cun dos mais importantes cumios de Galicia, o concello de Montederramo ofrece unha amplia diversidade de espazos naturais que fan posible a práctica de deportes e actividades ó aire libre.
Predomina a paisaxe de montaña na zona sur pola influencia da Serra de San Mamede. A importancia natural desta é tal que gran parte dela está recoñecida pola Rede Natura 2000 como Lugar de Interese comunitario (LIC) co nome de “Bidueiral de Montederramo”, xa que un contén un importante bosque de bidueiros e outras especies autóctonas que se expanden por mais de 250 Has.
A subida ó alto de San Mamede tamén é recomendable polas impresionantes vistas do entorno, chegándose a divisar Verín ou Monforte de Lemos. Alí está a Capela do santo e a fonte da que, según conta a lenda, o eremita fixo manar auga pura e abondante.
Tanto o Bidueiral como o San Mamede contan con rutas de senderismo, dispoñéndose de folletos na oficina de turismo.