Unha das características fundamentais do monte galego é que a propiedade é maioritariamente privada e case o 30% dos terreos forestais son montes veciñais en man común, figura de propiedade específica de Galicia e tan só un 2 % pertence a entes públicos (Xunta de Galicia: O Monte Galego en Cifras).
A situación porcentual que existe no concello de Montederramo en canto á propiedade basease no Terceiro Inventario Forestal Nacional, que amosa as seguintes cifras, 6.755,24 ha de monte privado, 4.614,01 ha de monte veciñais, 9,30 ha de monte públicos de U.P. e 9,32 ha de monte públicos de non U.P.
A Consellería do Medio Rural, a través de convenios, consorcios e montes patrimoniais xestionados, leva a cabo a xestión de 24.547 ha de monte do distrito XIII, sendo a superficie total de xestión pública do concello de Montederramo de 778 ha.
Os montes veciñais en man común (M.V.M.C.), que xurdiron dentro do municipio de Montederramo, das agrupacións veciñais en calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, son os que se mostran a continuación.
Apoiándose na interpretación do Mapa de Usos do Solo do STIGA (E: 1/25.000), identificáronse os usos forestais que se mostran a continuación, determinando a súa extensión territorial: